Obradoiro de regueifas

O 3 de decembro de 2021 organizamos no centro un obradoiro de regueifas da mán de O Caruncho e Pinto de Herbón. Participaron as nenas e nenos de 5º e 6º que amosaron a súa faceta máis creativo-musical.

A regueifa é unha cantiga improvisada entre dúas ou máis persoas que seguen a mesma melodía durante o tempo que dura a disputa. Cada regueifeiro canta unha estrofa de catro versos ocotosílavos con rima nos pares quedando libre os impares.

Create your own website, free on WordPress.com.Create your own website.
Start free